viernes, 24 de julio de 2009

Rafael Quintía. Investigador e membro da Sociedade Antropolóxica Galega SAGA.

Trazo groso, pulso firme, tres cores básicas na súa paleta e catro elementos básicos ós que entregarse nunha comunión atábica para plasmar dende o máis fondo da alma, cos ollos puros dun artista ceibe de complexos e modas a paisaxe e a natureza desta nosa terra nai.
A obra de Sutil retrotáenos ás orixes, somérxenos no seo materno da terra,fainos flotar no líquido amiótico da choiva, do mar e dos rios. Cóspenos sen adornos a beleza que nos rodea e que tantas veces nos negamos.
Afúndenos na cromática da súa obra lembrándonos de onde vimos e a onde pertencemos.
Fiel a técnica e á máis nobre tradición paisaxística, Sutil convértese nun radical provocador fronte a un enfermo mundo artístico no que toda creación que carece do obrigado tufo a "falsa innovación", vangarda ou pretendida orixinalidade, non é valorada nin merecedora de espazo, divulgación ou recoñecemento.
En definitiva, un verdadeiro pintor nun estúpido mundo sobrante de falsos artistas.




Rafael Quintía
escritor e etnógrafo

No hay comentarios: